lunes, 11 de mayo de 2020

TAREFA MARTES 12

De novo imos facer unha proba de escritura espontánea, iso quere dicir que escriben os nenos/as eles sós SEN AXUDA DE NINGÚN TIPO. Tal e como vos expliquei noutras ocasións é unha ficha para comprobar o nivel lectoescritor de cada neno/a, non é para nota nin somos máis ou menos por completar mellor ou non a ficha. 
Evidentemente sobra dicir que sei do que cada neno/a é capaz polo que a axuda só perxudica xa non me deixa ver a evolución natural dos nenos/as. 
Se son tan taxante co tema é porque da outra vez non todo o mundo cumpliu a norma de non axudar e insisto que é un recurso para min moi importante porque me serve para detectar moitas cousas a nivel académico e evolutivo.
Unha vez aclarado o tema deixo a ficha que teñen que completar sós.

Ademáis da ficha imos buscar por casa algo que nos poida servir para montar decenas (os nenos/as xa saben de que falo), podemos empregar palillos (na clase usamos os paus dos xeados) e atámos de 10 en 10 (cando menos ter 5 decenas) e deixamos uns cantos soltos (10 máis ou menos). Para montar as decenas é importante que conten ben, poden facelo sós sin axuda, os papás e mamás e resto de familiares que se ocupan do traballo poden descansar por un día, só terán que mandarme a foto do traballo feito.
Deixo unha imaxe de exemplo sobre o tema.

 Reservade as decenas e unidades nunha caixiña ou bote que teñades por casa para traballar retos matemáticos que vos irei mandando.

No hay comentarios :

Publicar un comentario