Mostrando entradas con la etiqueta CELEBRACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CELEBRACIÓNS. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de marzo de 2021

8 de Marzo: Día da Muller

 En infantil fixemos un mural para conmemorar o día da muller. As nenas fixemos unha flor para a falda e os nenos decoramos unha letra para o mural. As mestras contribuímos facendo bolboretas para que igualdade entre homes e mulleres voe alto.






lunes, 22 de octubre de 2018

CESTAS MAGOSTO

Achegase o magosto e como é habitual imos facer cestas para as castañas. Este ano queremos empregar bricks grandes (a poder ser de 2 litros), así que ide gardando os que teñades e mandadeos ao cole limpos e cortados un pouco máis da metade.
Aquí vos deixo unha mostra do que imos facer para que teñades unha  idea.
Resultado de imagen de cestas castañas magi+osto


jueves, 26 de febrero de 2015

SEMANA DO ENTROIDO

A petición popular aquí vos deixo unhas fotos do entroido no cole. Moitos de vós me dixestes que este ano vos gustou moito como se fixo e os comentarios sempre se agradecen, porque as vosas aportacións tamén fan que nós poidamos mellorar. Agradecer a vosa presenza ese día e a colaboración coa que contamos.

5 ANOS A

5 ANOS B
4 ANOS A

4 ANOS B

3 ANOS A

3 ANOS B
Esta é só unha pequena mostra, non vos preocupedes que a finais de curso cada titora vos dará unha recompilación de fotos de todo o ano.

miércoles, 21 de enero de 2015

COREOGRAFÍA PARA O DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de 2º estiveron a ensaiar unha pequena coreografía para a canción deste ano. Podedes ver o vídeo aquí ou na aula virtual, onde ademais atoparedes máis actividades para conmemorar este día.
Nese día queremos ter un especial recordo ao atentado recente de Francia e lembrar tamén que o día 27 deste mes se cumpren 70 anos da liberación do campo de concentración de Auswitch.


lunes, 5 de enero de 2015

ACTUACIÓN ESPECIAL

Como cada ano polo Nadal, as nais preparan un conto para pechar o festival de Nadal, e tamén como cada ano supéranse a sí mesmas. Por outra banda como cada ano publicamos a súa actuación para que todos poidamos vela aquí ou no blogue da biblioteca onde o mestre Xoaquín tamén a ten publicada.
Pola miña parte agradecer a estas nais a súa dedicación e o seu esforzo por facernos rir un pouquiño aos nenos/as, as mestras e ao resto de papás, mamás e demais familiares que acoden cada ano a ver o noso "espectáculo".
Só me queda dar un pequeno recado, os power point de 4 e 5 anos non sei se poderei subilos, pero en caso de non poder facelo proporcionareillelo ás mestras para que o inclúan coas fotos que vos mandan a finais de curso.
Moitas grazas por pasarvos polo blogue e ver o que facemos e FELIZ ANO!!!!

lunes, 3 de noviembre de 2014

FESTA DO SAMAÍN

O pasado venres celebramos a festa do samaín. Coma cada ano queremos agradecer aos papás e mamás que colaboraron connosco e que fan posible que durante unha tarde os nenos e nenas poidan desfrutar de xogos e bailes relacionados con esta festa.
Dado que esta festas é para o alumnado e non para as familias, aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos.
MAQUILLAXE

A RA

PONLLE CARA ÁS CABAZAS

COMIDA TERRORÍFICA

CARREIRAS DE SACOS

OS BOLOS


A SERPE

O BAILE DA VASOIRA

BAILE DOS ESQUELETES




lunes, 27 de octubre de 2014

SEMANA DO SAMAÍN

Esta semana celebramos o SAMAÍN, como moitos xa sabedes é unha festa de orixe celta.
No cole estamos a decorar os corredores con cousas terroríficas e temos coma sempre unha exposición de calacús impresionante (noraboa ás familias por traballar e esforzarse tanto).
Este ano temos unha canción nova da man de Kalandra.
Agardamos que o pasedes moi ben e que teñades doces pesadelos ;)

viernes, 31 de enero de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Como sabedes adicamos este día á lembranza de Nelson Mandela, polo que cada curso elaborou unha corda con banderíns coa súa fotografía.

Colocámolos todos nun pao central para xirar 
E DESPOIS CANTAMOS TODOS XUNTOS A CANCIÓN


miércoles, 22 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano queremos facer unha homenaxe a Nelson Mandela, falecido a finais do 2013. 
Por este motivo escollimos unha canción pouco habitual, sabemos que é un pouco difícil de aprender, xa que está en Zulú, de orixe Sudafricano como o homenaxeado.

viernes, 20 de diciembre de 2013

UNHA ACTUACIÓN ESPECIAL

Coma cada ano, temos un grupiño de mamás que preparan un conto. Este ano tocoulle ao:
 Coelliño Branco.
Dende aquí queremos agradecerlle a súa adicación e decirlles que son unhas artistas.


jueves, 19 de diciembre de 2013

FESTIVAL NO CONDESA

Como cada ano celebramos o festival de infantil con gran ilusión. Sabemos que moitos familiares non puideron asistir e desexamos deixarlles aquí un anaquiño do mesmo.
Neste caso son as actuacións por niveis, intentaremos subir tamén as presentacións que parece que gustaron moito e así nolo fixestes saber.
Grazas polas felicitacións e mostras de cariño e agradecemento polo traballo que levamos feito dende moitos días atrás para que todo saíse ben.
Felices festas e desfrutade de novo coas actuacións.










martes, 18 de junio de 2013

CANTA EMOCIÓN VIVIMOS HOXE!!!!!!

A teacher Merche pediume un favor, quería que escribise no blogue para darvos as grazas no seu nome e tamén no das súas compañeiras especialistas (Noelia, Tere e Sandra) polas mostras de cariño e o regalo da flor, foi todo un detallazo.

Eu como titora teño que dicir que tratei de facer o traballo da mellor maneira posible e que dende logo parece que algo de froitos tivo porque os regalos deixáronme coa boca aberta e os vosos aloumiños, os choros de emoción...
Foi un pracer estar con vós: nenos, nenas, pais, nais, avós..., de verdade que a miña sorte é inmensa porque teño o mellor traballo do mundo coñecer e traballar con xente coma vós.

O cadro que me fixestes ocupará un lugar moi especial no meu fogar, probablemente o colgue no meu lugar de traballo, e así, cando teña un momento de baixón a vosa imaxe daráme forzas para continuar traballando.
Grazas, grazas e moitas veces grazas

En canto teña fotos e videos da graduación tratarei de subilas ao blogue e polas fotos do curso non vos preocupedes que están en marcha.

miércoles, 5 de junio de 2013

GRADUACIÓN INFANTIL

Como xa sabedes o vindeiro día 18 de xuño teremos a nosa tradicional festa de graduación. 
Gustaríame moito contar coa vosa presenza e quero agradecer a todas as familias a colaboración durante estes 3 anos e dicirvos que FOI UN PRACER SER MESTRA DE TODOS E CADA UN DOS ALUMNOS E ALUMNAS DESTE GRUPO.
SODES FANTÁSTICOS!!!!!!!

martes, 21 de mayo de 2013

NON DAMOS FEITO

Día da Ciencia En Galego martes 21 e pola tarde realizamos experimentos no patio do colexio.

Mércores 22 , non temos cole, é a Festa de Santa Rita.

O xoves 23 imos actuar para os nosos compañeiros/as no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Tamén teremos unha xornada adicada aos XOGOS POPULARES.

Continuamos cos obradoiros dos venres, este toca facer un ikebana (cuadro de arte floral xaponés).


Rematamos o mes coa convivencia de infantil
 

viernes, 8 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

QUEREMOS FELICITAR A TODAS AS MULLERES E ESPECIALMENTE AS NOSAS MAMÁS PORQUE TRABALLAN UN MONTÓN. MOITAS DENTRO E FÓRA DA CASA, PERO SOBRE TODO SON AS QUE NOS AXUDAN A INVESTIGAR, NOS CUIDAN CANDO ESTAMOS ENFERMOS E NOS DAN O SEU AMOR INCONDICIONAL.
GRAZAS MAMÁ

NO QUE RESPECTA A MIN COMO MESTRA QUERO AGRADECERVOS O APOIO QUE ME PRESTADES EN TÓDALAS INICIATIVAS DE AULA. GRAZAS DE VERDADE.

TAMÉN QUERO FELICITAR AS NENAS, QUE TAMÉN TRABALLAN MOITO NA ESCOLA E DARLLE AS GRAZAS A ELAS E TAMÉN AOS NENOS PORQUE FAN QUE O MEU TRABALLO SEXA O MELLOR DO MUNDO E FANME SENTIR ESPECIAL. HOXE SANDRA CHAMOUME "SUPERHEROÍNA" PERO SIMPLEMENTE SON UNHA MESTRA CON VOCACIÓN E CON DEVOCIÓN POLOS QUE EU CHAMO "OS MEUS NENOS", E AÍNDA QUE NON SON UNHA SUPERHEROÍNA TEÑO SORTE DE QUE ELES ME CONSIDEREN COMO TAL.

AQUÍ VOS DEIXO UNHA IMAXE QUE HOXE VIN POR FACEBOOK E QUE ME RECORDA O POR QUÉ OS NENOS E NENAS ME TEÑEN EN TAN ALTA ESTIMA.


SACADA DE "ESCUELA EN LA NUBE"