Como estamos vendo moitas películas durante o confinamento, qué vos parece si facemos un listado con todas as que imos vendo. Deixo un modelo de exemplo
A idea é escribir o título e ao lado marcar as estrelas que lle damos a esa peli. Non tedes porque imprimir a ficha, podedes ir poñendo o título e as estrelas podedes pegalas, estampar con selos, debuxalas, facelas con purpurina... como máis vos guste. Deixade o listado a man para ir completando a medida que ides vendo pelis.
Mañá poñeremos un novo listado similar pero para libros.
RETO MATEMÁTICO
Representade os seguintes números coas decenas e unidades que gardastes na vosa caixiña.
Se vos gustan os números podedes imprimilos e recortalos e despois da actividade gardalos na caixiña das decenas para xogar en vindeiros días, pero tamén podes crear as túas propias tarxetas.
A idea é que collades os números e coloquedes ao lado os paus segundo correspondan.
Como non tedes suficientes paus ide facendo un número ou 2 e sacado fotos (subides despois todas as fotos xuntas). Aquí vos deixo un exemplo das fotos que tedes que subir. Espero que vos guste o reto e que representedes todos os números sin problema.


No hay comentarios :
Publicar un comentario