jueves, 30 de abril de 2020

DANDO GRAZAS

Fixemos un listado moi longo de persoas e sectores da poboación as que lle queremos dar as grazas por colaborar dalgún xeito na pandemia do COVID-19
Agora con esa lista imos crear unha actividade para a revista escolar do centro. Temos que escribir o que nos toque a cada un (mandarei por privado a cada un de vós o que vos toca) no centro dun corazón (tamaño medio folio), a palabra ou palabras teñen que estar en maiúsculas en grande no centro do mesmo. Nunha esquiniña temos que poñer o noso nome. Sería algo tal que así:
  
Podedes empregar como material o que queirades: folio en branco que decoro, folio de cores, cartolina, cartón... o importante é manter o tamaño (medio folio como dicimos) e a palabra ou palabras en grande no medio e o nome de cada neno/a nunha esquina (na que vós queirades non ten porque ser abaixo a dereita). Tamén tedes que recortar o corazón no material que escollimos para que quede só a forma do mesmo.
Para decorar podo empregar os recusos que teña por casa, as letras poden ser escritas ou pegadas (de goma eva, fieltro, feitas e recortadas, de plasti...), podo colorear con témpera, con rotus, con pinturas, pegar papeliños, pegatinas, purpurina, goma eva brillante... sentídevos libres de empregar todo o que vós queirades porque as únicas condicións son as que dixen antes: tamaño, palabras e nome.

Deixovos aquí un formato de corazón por si queredes imprimir e trasladalo ao voso traballo, non ten porque ser este en concreto podedes debuxalo, buscar outro por internet...

É importante que pensedes que este traballo é para a revista e que vai ser en cor e por iso ten que quedar colorido e vistoso. 
Esta actividade podemos considerala de carácter obrigatorio no sentido de que os que non entreguen o traballo non van aparecer na revista co resto da aula.
Cando rematedes o traballo tedes que mandarme a foto do corazón sobre un fondo branco para poder facer unha montaxe, mandade tamén unha na que os nenos/as suxeiten o corazón xusto por debaixo da barbilla, tamén cun fondo branco. Se non tedes paredes brancas (ou similar) para empregar de fondo podedes poñer unha tea branca (sábana, mantel...).

Tal e como vos dixen mandareivos a cada un a palabra que lle toca.

No hay comentarios :

Publicar un comentario