Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de marzo de 2012

VETERINARIOS

O próximo martes día 6 faremos unha saída a unha clínica veterinaria para que nos expliquen un pouco como fan o seu traballo. Pero como temos unha mamá veterinaria na clase, non podíamos deixar de convidala para que nos conte algunhas cousas sobre os animais, os seus coidados e como desempeña ela o seu traballo.
A gran visita é hoxe e os nenos e nenas están impacientes porque veña a visitarnos. En canto teñamos fotos sobre as visitas colgaremos algunha para contavos a como sucedeu todo.
Aproveitamos tamén para darlle as grazas a Ana por vir e vivir a experiencia connosco

Grazas por estar ahí e ler o noso blogue e animádevos a deixar comentarios

viernes, 24 de febrero de 2012

OS CARACOIS

Chegaron a nosa aula uns novos visitantes e estes están vivos de verdade, estivemos preparando a súa casa e precisamos saber algo máis sobre os seus coidados. Aquí vos queda un video sobre a súa reproducción.


Algunhas das preguntas que nos debemos contestar é:

QUÉ COMEN?
ONDE VIVEN?
QUÉ TIPO DE ANIMAIS SON? (clasificación)


martes, 14 de febrero de 2012

AS ABELLAS

Continuamos traballando sobre os animais, e aínda que estamos centrados nas vacas tamén temos moito interés en saber cousas sobre as abellas. Por ese motivo vos deixo un video interesante sobre elas.