Esta semana, tal e como comentamos, imos facer o CAPSULO DO TEMPO.
O luns faremos igualmente o libro dos luns e por esta razón o primeiro día simplemente buscamos unha caixa dun tamaño suficiente e, a poder ser, resistente e decoramos ao gusto e xa estás preparado para enchela.
A partires de ahí escolle unha das seguintes actividades, pero ollo, tes que acabar facéndoas todas. Comparte a actividade de ese día cos teus compis e incluso podes dicirnos o por qué incluir iso no teu capsulo do tempo.
FOTOS
Seguro que nestos días fixeche algunha foto na que reflexa un momento divertido, un momento de descanso, de xogo, de risas... en definitiva algún momento especial. Se non podes imprimilas non te preocupes garda a foto ou fotos nun pen ou nunha carpeta no ordenador (para grabar un CD ou DVD con todos os arquivos dixitais que desexes incluir na caixa).
UNHA CARTA
Escribe unha carta ao ti mesmo no futuro. Non esquezas que a carta ten que ter lugar e data, saúdo, o texto ou contido da mesma, despedida e sinatura
UN DIARIO
Se tes un caderno pequeno por casa podes empregalo para esta actividade pero si non o tes, non te preocupes podes facelo cuns folios dobrados e grampados .
A idea é que anotes algo no teu diario: un sentimento, un pensamento, algo que fixeche ese día, algo que che gustou, unha actividade que te divertiu... incluso tamén o podes debuxar. Evidentemente o diario vai ser algo no que imos traballar máis de un día, pon a data en cada páxina para saber de que día era cada cousa que anotache.
![]() |
| Este atopeino por internet |
UN DEBUXO
Pode ser un debuxo ou unha auténtica obra de arte, tamén pode ser unha escultura, unha manualidade ou calqueira outro formato que saque o artista que levas dentro

UN VÍDEO
Esta idea é similar a da carta pero en formato de vídeo. Graba un vídeo para o teu eu do futuro, pensa moi ben o que vas dicirche a tí mesmo. Dentro duns anos pode resultarche divertido verte.
UN SENTIMENTO
Lembrades o conto do moustro das cores e cómo gardaba as emocións en tarros, pois nós imos facer o mesmo. Buscade un tarro ou bote pola casa que poidades reutilizar e ide metendo nel os vosos sentimentos, poden estar escritos nun papeliño que metedes ao bote ou simplemente un emoticono. Metede ahí os vosos sentimentos e emocións ata que teñamos un tarro repleto, espero que sexan sentimentos agradables
UNHA CANCIÓN
A música está axudando moito nestos momentos de confinamento escolle a túa favorita e inclúea tamén, incluso podes facer un vídeo no que bailes a canción, deixate levar e a desfrutar.
UNHA RECEITA
Estamos cociñando moito e creando o noso libro, podemos metelo dentro ou escoller unha receita dentro. Pode ser a miña receita favorita, unha receita nova, unha receita que fixen en familia... cada un é libre de escoller a súa propia.


E quizais isto non sexa todo o que podemos meter na caixa, seguro que vós tedes as vosas propias ideas e queres compartilas con nós. Imos estar ben atentos estos días a páxina e grupo de facebook da clase porque será onde poñamos as novas que se nos vaian ocurrindo.
E como esta actividade é moi longa imos deixala para varios días e veremos cando a rematamos, iremos vendo en función das propostas novas que poidan xurdir a duración da mesma.



No hay comentarios :
Publicar un comentario