miércoles, 29 de abril de 2020

ENQUISA PARA SABER COMO LEVADES A EDUCACIÓN A DISTANCIA

A enquisa é anónima procurade cubrila para tratar de paliar os problemas, de mellorar ou simplemente saber que o que facemos está ben. 
Case todas as opcións vos permiten escribir a vosa opción persoal porque sei que existen casos nos que os nenos/as están ao cargo dos avós ou simplemente se dan outras circunstancias que non se recollen nas preguntas da enquisa e por iso tedes opcións de facer as vosas aportacións de cómo podo axudarvos e tamén as vosas suxerencias.
Teremos varios días para cubrir a enquisa e avisareivos por facebook o día que a peche e non admita máis respostas, pero calculo que será na vindeira semana. Por favor, cubridea o antes posible, graciñas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario