Chegou o día no que imos dar uso aos rolos de papel. Non sei si lembraredes que Léyer fixo unha exposición na clase e falounos das constelacións.
Si recordades era unha agrupación de estrelas que debuxaban formas curiosas no espazo. Deixovos algún vídeo para aclarar algo máis o tema.
Sobre este tema podemos investigar algo máis se vos gusta a idea pero o que vos propoño é facer as nosas propias constelacións.
Poño unhas imaxes e así vedes a qué me refiro.





Podedes facer a manualidade cómo máis vos guste, nas 2 primeiras fotos vedes que precisamos encuadernador ou algo que nos faga esa función pero na outra opción só precisamos o rolo de papel, pero si tes unha lanterna tamén tes esta outra opción

Non esquezades poñerlle nome a cada constelación para saber de cal se trata.
Para facer os buratos podes empregar un punzón, pero si non tes, podes empregar un lápis ben afilado e poñendo un cartón debaixo para poder facer os buratos.
Decora a túa manualidade cómo máis che guste (con papel aluminio, papel de cores, de regalo, con gomets, pintando con rotus, témperas...)
Deixovos tamén unha ficha que teño sobre as constelacións que elaborei para un proxecto do universo hai uns cantos anos. Agardo que o pasedes ben elaborando esta manualidade e que pasedes un bo fin de semana.
No hay comentarios :
Publicar un comentario