miércoles, 22 de abril de 2020

TAREFA XOVES 23

Celebramos o día internacional do libro, lembrades por qué se festexa este día?... non sei si lembrades que falamos que o 23 de abril é o día no que se conmemora a morte de 2 grandes escritores Shakespeare e Cervantes. De Cervantes falamos e clase e vimos algún vídeo sobre a súa obra máis importante "EL QUIJOTE", deixovos por aquí un vídeo sobre as súas aventuras.


Pero pensaredes, qué temos que facer?, pois a cuestión é sinxela, como vos dixen imos escoller un conto que nos guste e recomendalo aos compañeiros/as. A recomendación vai ser nunha ficha pero tamén podedes facer un pequeno vídeo de 1 minuto como máximo onde fagades a vosa recomendación (o vídeo é voluntario a maiores da ficha). 
Na nosa recomendación temos que indicar o título do conto e se a razón de por qué escollimos ese conto e non outro, qué foi o que nos gustou. Eu deixovos aquí a miña recomendación dun libro (para todos os públicos, aínda que para vós é unha historia algo longa e quizais a entendades mellor cando sexades un pouco máis maiores) e así podedes ver o formato da ficha.



Cómo neste día tamén é tradición regalar libros deixo aquí o enlace a un conto que sei que vos encanta. Se tedes impresora podedes imprimilo e completalo pouco a pouco (de forma voluntaria), espero que vos guste o meu regalo. 

https://get.google.com/albumarchive/115278525767207804192/album/AF1QipOMQQpZSlQZOwsjARjQ8IeIs7gVrhi3w7WYHNsM 

No hay comentarios :

Publicar un comentario