Hoxe é venres pero non por iso imos traballar menos, de feito temos tarefa dobre. A primeira tarefa consiste en elaborar un listado de persoas e sectores de poboación que están colaborando moito nesta crise (sanitarios, empleados dos súper, camioneiros, costureiras...) comentade en familia quenes credes que deben estar na lista e na vindeira semana faremos algo para agradecer a toda esta xente todo o que están a facer por nós. Esperemos que entre todos poidamos elaborar un listado que abarque a todo o mundo que está a traballar arreo. Esta lista debemos tela lista para publicar o luns, co que vos deixo tempo para que a vaiades facendo pouco a pouco e o luns compartimos no grupo.
Tamén imos practicar un pouco o recortado e as matemáticas ao mesmo tempo. A actividade consiste en facer un puzzle que irá numerado de 5 en 5, tranquilos que vou deixar exemplos relacionados co noso proxecto do espazo. A idea é que compoñamos o puzzle fixándonos na numeración.

Aquí vos deixo exemplos, podedes imprimilos si queredes pero eu rétovos a que fagadeos o voso propio facendo un debuxo e creando divisións cunha regra (en total son 10 divisións) e numerando de 5 en 5 cada unha delas comezando polo número que vós queirades (ollo que si empezamos nun número moi alto vai ser máis difícil). Esta actividade sí que a subimos hoxe no grupo.
Para que todo isto sexa máis comprensible aquí vos deixo os exemplos.
No hay comentarios :
Publicar un comentario