Hoxe está de cumple a nosa compañeira Iara, ademais de facerlle un debuxo e mandarlle as nosas felicitacións imos facer unha actividade máis.
En Semana Santa varios de vós vistes a película de ET e parece que vos gustou moito, e sobre iso vai a tarefa do día, imos ser críticos de cine.
Para facer a nosa crítica imos debuxar nun folio un fotograma da película (pode ser a de ET ou calqueira outra peli que vises durante estos días), un fotograma é unha imaxe da peli, tes que debuxala na parte central do folio (como facemos no libro dos luns) e na parte de arriba escribir o título da película e na parte de abaixo escribir a túa crítica (si che gustou ou non e por qué)
Para que vos fagades unha idea deixo un exemplo. Escollín un fotograma dun momento da peli que me encantou, molaría poder voar na bici, non sí?

No hay comentarios :
Publicar un comentario