viernes, 17 de abril de 2020

TAREFA LUNS 20

Pois estamos aquí de novo, unha nova semana de confinamento que comeza, e como cada luns imos facer o noso libro dos luns. Deixo imaxe da ficha por si queredes imprimila, pero como vos digo sempre non é necesario imprimir, basta cun folio e coa nosa imaxinación e creatividade para plasmar o que fixemos durante a fin de semana.



Ademais do libro dos luns podedes publicar no grupo o listado de xente ao que desexades darlle as grazas. Eu estiven pensando que podía ser unha boa idea darlle as grazas a través da nosa revista escolar TRÁGAME TERRA, que nesta ocasión especial vai ter unha edición dixital e xa veremos se tamén a pode ter en papel.
Tragame Terra
ESTA É A REVISTA DO CURSO PASADO

Por outra banda lembrarvos que esta semana tedes que publicar unha nova receita, podedes escoller o día da semana que preferides facela ou publicala. Na entrada da semana pasada tedes modelos imprimibles, pero xa sabedes que non precisades a impresión para facer unha receita chula e decorada. Pero se, a pesares diso, queredes imprimir pica AQUÍ para acceder a elas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario