Lembrades que un dos temas que vos gustaban para investigar era o da CONTAMINACIÓN? Pois hoxe quero propoñervos algo diferente a todo o que levamos feito.
Vou deixarvos unha noticia da revista NATIONAL GEOGRAPHIC (recordade que falamos un día na clase que era unha revista científica) na que se fala de cómo o noso planeta se está beneficiando do Coronavirus. A idea é que un adulto vos lea a noticia (podedes ir lendo e ao tempo facendo pausas para ir comentando, sei que a noticia emprega un vocabulario un tanto difícil para os nen@s polo que debedes ir adaptando un pouco as palabras) e facer unha reflexión sobre o que conta. Picade na imaxe para ir á noticia.
A vosa tarefa vai ser crear unha noticia sobre este tema (pode ser inventada) e contar en positivo algunha consecuencia para o medio ambiente como as que se contan na noticia. Incluso podedes documentarvos algo máis sobre esta cuestión e buscar outras informacións, eso xa é cousa vosa.
Na noticia temos que poñer:
Data da noticia
Periodista que redacta a noticia (que seredes vós)
Un titular
Unha imaxe ou debuxo con pé de foto
Corpo da noticia
Unha conclusión
Deixovos un exemplo do que podería ser
No caso do corpo da noticia non ten porque ser tan ampla con 3 ou 4 frases curtas que a resuman chega. Tamén procurade que os nenos e nenas propoñan as súas propias frases e que, xunto con vós, tomen eles as decisións porque o importante da tarefa non é o resultado (que sexa máis bonito ou non) o importante é o razoamento e a reflexión, que eles sexan capaces de transmitir as súas ideas e os seus pensamentos.
Coma sempre agardo que vos guste a actividade e que, de paso, cree un pouco de conciencia sobre un tema tan importante como é a conservación do planeta.


No hay comentarios :
Publicar un comentario