miércoles, 5 de septiembre de 2018

INSTRUCCIÓNS PARA OS PRIMEIROS DÍAS NAS CLASES DE 4 ANOS (A E B)

Como seguro ides ter dúbidas sobre o comezo do curso deixamos qué temos que facer estos días, xa que non imos ter reunión ata outubro


Os nenos e nenas de 4 anos traerán mandilón de cadros azuis co nome por diante e con cinta para colgar.


Igual que o curso pasado traemos as seguintes cousas:

Bolsa mochila (igual que o curso pasado), mirade de axustarlle as cordas a súa estatura para evitar tropezos

Vaso de plástico co nome, que deixaremos na aula durante a semana para levar a lavar os fines de semana

Gorra co nome para deixar na clase

Bolsa con muda completa nunha bolsa de tela ou bolsa mochila (MOCHILAS RÍXIDAS NON, NON CABEN NAS PERCHAS), co nome na bolsa e en cada unha das prendas.

Merenda, igual que facíamos o curso pasado (4 A podedes consultar o horario de merendas do curso pasado AQUÍ)


Unha carpeta de plástico transparente tamaño A5 co nome (medio folio), como empregábamos o curso pasado, pero transparente a poder ser, para levar e traer notas na mochila. Este curso imos prescindir da libreta, por iso que a carpeta debe ser transparente para que vexamos fácilmente se contén notas ou non dentro da mesma.




É importante lembrar que as chaquetas e mandilóns teñen que ter cinta para colgar e o nome en toda a roupa, expecialmente na  que poidan quitar (como sudaderas, gorras, chaquetas..., quedan moitas prendas perdidas)


A lista de material non se entregará ata a reunión que imos ter no mes de outubro, no caso de que solicitedes beca e a precisedes antes avisade a titora.


Para calqueira outra dúbida podedes chamar ao centro, en horario de mañá.

No hay comentarios :

Publicar un comentario