lunes, 17 de septiembre de 2018

HORARIO ESCOLAR E AVISOS

Hoxe @s nen@s levaron o horario deste curso. 
Como vedes temos música os luns, informática os martes, relixión ou valores o mércores, inglés os xoves e psicomotricidade os venres.
Non esquezades que os venres hai que traer roupa e calzado de deporte.

Lembarvos que as merendas continúan como no curso pasado e que este ano estudiaremos en qué forma podemos celebrar os cumples con algo máis que zume sin azúcar, pero ten que ser algo que non conteña lactosa. 

Aproveito para decirvos que no menú do mes de setembro tedes un número móbil do centro que debedes gardar nos vosos contactos se queredes que vos cheguen avisos do centro por whatsapp, se non o gardades en contactos non vos chegarán os avisos. Este número é para que vos cheguen as mensaxes pero se tedes algún recado que dar facedeo a través dunha nota ou chamando ao colexio.

Para rematar, informarvos que o día 2 de outubro será o día da reunión do primeiro trimestre e que ese día resolveremos dúbidas e falaremos sobre todas estas cuestións e outras de comezo de curso e faremos entrega da lista de material. Coma sempre mandaremos nota na que vos avisaremos da data e hora da reunión.

No hay comentarios :

Publicar un comentario