martes, 28 de agosto de 2018

A PIQUES DE COMEZAR O NOVO CURSO

Xa non queda casi nada para que comece un novo curso escolar.  Lembrarvos que este ano o mandilón é de cadros azuis. Aproveito para informarvos de que na barra lateral dereita do blogue tedes o calendario escolar que podedes consultar cando precisedes. Comezamos o día 12 de setembro co mesmo horario que rematamos en xuño de 9:15 h a 14:15 h, salvo os que acuden a comedor que sairán máis tarde.

O listado de libros está dispoñible nas librerías da vila e no propio centro, todas aquelas persoas que vaian solicitar beca para libros e material que avise para poder ter a lista o antes posible, lembrade que acordamos na última reunión que os cartuchos para a impresión se pedirán a través de tarxeta de encargados agás no caso de que pidades beca que se fará na lista de material para que vos entre subencionado.

Calqueira dúbida podedes escribir en comentarios ou chamar ao centro a partires do luns 3.

Ata entón , seguide disfrutando das vacacións.
Resultado de imagen de mandilon cuadros azules

No hay comentarios :

Publicar un comentario