martes, 18 de septiembre de 2018

COMO CELEBRAMOS ESTE CURSO OS CUMPLES?

Quería saber a vosa opinión sobre a celebración dos cumples na aula. Cubride a enquisa que vos deixo aquí, eso sí non se permitirá ningún alimento que conteña leite para evitar males maiores debido aos casos de intolerancia.

Temos na enquisa 4 opcións prefixadas e 1 na que podedes deixar algunha outra que se vos ocurra. Con todas as opcións podedes seguir co zume sen azucre

OPCIÓN 1: ALGO CASEIRO OU DE PANADERÍA
Con esta opción poderíamos traer: biscoitos, madalenas, galletas... calqueira tipo de repostería que se coa coas mans e non conteñan leite na receita.

OPCIÓN 2: ALGO COMERCIAL QUE SE COMPRE NO SÚPER
Neste caso poderíamos traer galletas ou biscoitos do súper mirando que nos ingredientes non traia leite.

OPCIÓN 3: PODEMOS TRAER CALQUEIRA DAS 2 OPCIÓNS ANTERIORES
Podemos facer nós algo na casa, mercalo na panadería ou incluso se teño moi pouco tempo apaño cunhas galletas ou biscoito do súper.

OPCIÓN 4: QUEDAMOS COMO ESTAMOS
Seguimos traendo só o zume sen azucre. 


En canto teña as respostas publicareinas de novo no blogue para que vexades os resultados. Moitas grazas por participar e deixar o voso voto.



No hay comentarios :

Publicar un comentario