Cando chegamos dividíronnos en 2 grupos. De momento só temos fotos de un dos grupos, pero tranquilos que do outro grupo tamén imos ter fotos.
 |
Pablo, o fisioterapeuta contounos que alí estaban a consulta e sala de rehabilitación |
 |
Na consulta tiña unha columna vertebral e unha pelvis, que foi o primeiro que nos fixamos |
 |
Pedro prestouse voluntario para que lle examinansen o cráneo porque dixo que era o que lle doía, tranquilos que foi un simulacro |
 |
A outro voluntario, Lucas, colocarónlle unha máquina que dá calor |
 |
E a varios voluntarios máis tocoulle ver como eran os parches da máquina de correntes, menos mal que non estaba acesa |
 |
Colocamos as mans para sentir a cor da lámpada de infrarroxos, pero tivemos coidado de non acercar demasiado porque estaba quente de verdade |
 |
Aquí, como no cole, trabállase a motricidade |
 |
Fixemos un percorrido para poñer en marcha as pernas |
 |
Agora era o turno dos ombreiros e Naiara fixoo perfecto |
 |
Non podemos esquecer os cuadriceps, que segundo Pablo estaban por riba do fémur |
 |
A profe tamén foi voluntaria forzosa, tivo que meter a man na parafina, estaba quente pero ao arrefriar quitámoslla toda e xogamos como se fose plasti. |
 |
Rematamos a visita con Olga que nos explicou como coidar ós dentes e que nesta semana veu ao cole e nos amosou uns vídeos moi interesantes. |
No hay comentarios :
Publicar un comentario