miércoles, 11 de abril de 2018

O PROXECTO DO CORPO ESTÁ DANDO MOITO DE SÍ

Precisábamos moito material e as familias aportastes moitas cousas que nos axudan día a día a saber moito sobre o tema. Temos libros, puzzles e incluso material médico.

Montamos un recuncho médico onde pasamos consulta e disfrutamos moito.


Temos que pedir cita e colocar o noso nome na lista de pacientes para que nos poidan atender como se fai nas consultas de verdade.


Somos moi profesionais es estamos equipados grazas a vosa colaboración porque a medida que íamos traendo cousas íamos amosando todo


Somos moi inquedos e gústanos moito aprender e por iso vixiamos a nosa profe para que non se poña nerviosa e lle suba demasiado o pulso.


Somos tan auténticos, que ata sacamos nós as fotos cando fai falla.
Estade atentos porque seguiremos informando.

No hay comentarios :

Publicar un comentario