miércoles, 18 de abril de 2018

O CONDESA É UN CENTRO SOLIDARIO

Con motivo da participación do noso centro no proxecto Piteas os alumnos de 4º e de 5º A están a levar a cabo un proxecto moi interesante chamado Pelo, Pico, Escama co que pretenden axudar aos animais.

Motivados por este tema acordaron crear unha carreira onde calqueira pode participar, non hai límites de idade o único requisito é colaborar con comida ou accesorios para os animais.

Aquí vos deixo o cartel que os propios nenos e nenas elaboraron e non vos preocupedes se non sodes atletas, ou estades baixos de forma porque tamén hai modalidade de andaina.
Animádevos a participar, é unha bonita iniciativa para toda a familia e é por unha boa causa.
Ah, xa me esquecía, que se non podedes acudir á carreira hai petos repartidos polos negocios locais onde tamén podedes aportar uns cartiños.
 
NORABOA A TODOS OS RAPACES E RAPAZAS POR ESTA INCIATIVA E POLO ESFORZO QUE ESTÁN FACENDO
 

No hay comentarios :

Publicar un comentario