Mostrando entradas con la etiqueta MOTRICIDADE FINA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOTRICIDADE FINA. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de febrero de 2022

FOMENTANDO A MOTRICIDADE FINA NA CASA

 Unha das cousas máis importantes que temos que desenvolver na educación infantil ademais da autonomía é a motricidade fina. É moi probable que moitas das cousas que fagamos a diario xa a están desenvolvendo sen decatarnos. Aquí vos deixo unha serie de ideas que nos poden axudar e que podemos facer:


DESENVOLVEMENTO A TRAVÉS DE ACTIVIDADES E RUTINAS COTIÁS


Emprego de cremalleiras e botóns que nos axudan a desenvolver a destreza óculo-manual.


Tanto no caso das cremalleiras como botóns poden ser da propia prenda de roupa como doutros elementos do fogar como as fundas dun coxín por exemplo. Poden colaborar nas tarefas e mandarlles quitar as fundas cando as imos botar a lavar, ou incluso pechar as cremalleiras da roupa para meter na lavadora. Tamén podemos quitar cordóns cando imos meter calzado, e así con todo o que se vos poida ocurrir.


Outra cousa que lles encanta é xogar coas pinzas da roupa e poden axudar a tendela (si tedes a opción dun tendal a súa altura o xogar incluso cunha corda e cos calcetíns a emparellar.


En internet tamén atopamos un montón de ideas para xogar coas pinzas e por aquí vos deixo algunhas delas







E tamén temos a opción de xogar coas pinzas da cociña



Outro recurso que temos moi a man son as gomas elásticas





Este tipo de xogos axudan moito a presión e prensión á hora da escritura, por aquí vos deixo outras opcións en torno a esta destreza motriz.




E seguimos con máis destrezas básicas como enfíar xa que desenvolve tanto a precisión manual como a coordinación óculo-manual, tamén moi necesaria no desenvolvemento da escritura.





Como vedes son ideas que podedes realizar na casa con materais que xa tedes e que non é preciso mercar. Por suposto estas son ideas que nos poden servir para reforzar o traballo da motricidade fina na casa e simplemente pretenden ser iso ideas, non son actividades de carácter obrigatorio nin moito menos. 



miércoles, 27 de junio de 2018

TRABALLANDO A MOTRICIDADE FINA NA CASA

Aquí vos deixo algunhas suxerencias de actividades que podedes facer para estimular a motricidade fina na casa de forma divertida. 
Quero deixar claro que non é obrigatorio facelas todas pero sí que resulta interesante que poñades en práctica algunhas delas e que os vosos fillos/as teñan material a man para poder facelas autónomamente.
Agardo que vos gusten e seguide atentos as novidades do blogue.

As mesas de luz son tendencia en educación, seguramente moitos de vos calcastes debuxos nunha fiestra. Colocando un metacrilato nunha caixa con luz dentro xa temos a nosa mesa de luz para calcar ou debuxar o que queiramos. Moi divertido.

La butxaca de la meva bata: Taula de llum
PROPUESTAS MOTRICIDAD FINA
Quen non escribiu nunca cun pao no chan sobre a terra ou area. Neste caso sería para facer na casa con cousas como sal, azucre, fariña...
Resultado de imagen de ACTIVIDADES DE MOTRICIDAD FINA PARA HACER EN CASA
A imaxe non deixa lugar a dúbidas. Podedes empregar témpera ou pintura de dedos diluida en auga e incluso poden facer os seus propios debuxos.
Traspasar con jeringa                                                                                                                                                     Más
Trasvase de líquidos con xiringa ou con esponxa. No caso da esponxa hai que sumerxila para despois escurrila no outro vaso.
Resultado de imagen de ACTIVIDADES DE MOTRICIDAD FINA PARA HACER EN CASA
As pinzas dan moito xogo para traballar a presión. Poden xogar a agrupalas por cores, a tender con vós a roupa ou calquera cousa que se vos ocurra
Resultado de imagen de ACTIVIDADES DE MOTRICIDAD FINA PARA HACER EN CASA
Resultado de imagen de ACTIVIDADES DE MOTRICIDAD FINA PARA HACER EN CASA
Resultado de imagen de ACTIVIDADES DE MOTRICIDAD FINA PARA HACER EN CASA
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjpfUaodI3vm7XmujKwZ95emfzgiF4tebUFZyT0dmsVPXIyh6-GvslWzenU9YJ1lckFQVCHGRra_XMZ1aXK6toUZJtKlwrqCTBqj7QIRjJpRusccuA1mMT-RzYcWLvYsmae-OG6AGkUeoDO/s1600/adesivos+4.jpg
Porque as pegatinas ou gomets son do que máis lles gusta