jueves, 24 de febrero de 2022

FOMENTANDO A MOTRICIDADE FINA NA CASA

 Unha das cousas máis importantes que temos que desenvolver na educación infantil ademais da autonomía é a motricidade fina. É moi probable que moitas das cousas que fagamos a diario xa a están desenvolvendo sen decatarnos. Aquí vos deixo unha serie de ideas que nos poden axudar e que podemos facer:


DESENVOLVEMENTO A TRAVÉS DE ACTIVIDADES E RUTINAS COTIÁS


Emprego de cremalleiras e botóns que nos axudan a desenvolver a destreza óculo-manual.


Tanto no caso das cremalleiras como botóns poden ser da propia prenda de roupa como doutros elementos do fogar como as fundas dun coxín por exemplo. Poden colaborar nas tarefas e mandarlles quitar as fundas cando as imos botar a lavar, ou incluso pechar as cremalleiras da roupa para meter na lavadora. Tamén podemos quitar cordóns cando imos meter calzado, e así con todo o que se vos poida ocurrir.


Outra cousa que lles encanta é xogar coas pinzas da roupa e poden axudar a tendela (si tedes a opción dun tendal a súa altura o xogar incluso cunha corda e cos calcetíns a emparellar.


En internet tamén atopamos un montón de ideas para xogar coas pinzas e por aquí vos deixo algunhas delas







E tamén temos a opción de xogar coas pinzas da cociña



Outro recurso que temos moi a man son as gomas elásticas





Este tipo de xogos axudan moito a presión e prensión á hora da escritura, por aquí vos deixo outras opcións en torno a esta destreza motriz.




E seguimos con máis destrezas básicas como enfíar xa que desenvolve tanto a precisión manual como a coordinación óculo-manual, tamén moi necesaria no desenvolvemento da escritura.





Como vedes son ideas que podedes realizar na casa con materais que xa tedes e que non é preciso mercar. Por suposto estas son ideas que nos poden servir para reforzar o traballo da motricidade fina na casa e simplemente pretenden ser iso ideas, non son actividades de carácter obrigatorio nin moito menos. 



No hay comentarios :

Publicar un comentario