jueves, 21 de mayo de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 25 Ó 29 DE MAIO

Deixo as tarefas para esta semana:

Libro dos luns

Ficha escritura espontánea (martes)

Fichas de grafomotricidade 
Retos espaciais

Retos matemáticos

Actividades de inglés

Reto da profe Noelia 


Como xa sabemos o libro dos luns é tarefa fixa para ese día. O martes temos que facer unha ficha de lectoescritura espontánea, coma sempre fan a ficha os NENOS/AS ELES SÓS SEN NINGÚN TIPO DE AXUDA (non vale pronunciar nin nada, teñen o debuxo para saber o que teñen que escribir) e mandades a ficha por privado.

Teremos retos espaciais a diario e o reto semanal da profe Noelia.

Imos comezar a traballar todo o alfabeto para recordar todas as letras traballadas e sobre todo para traballar o trazo da minúscula. Nesta semana deixo as 2 primeiras fichas





Ademáis imos seguir traballando coas matemáticas de forma divertida. Esta semana o reto matemático consiste en traballar a descomposición de números e como unha imaxe vale máis que mil palabras aquí vos deixo unha mostra do que vos falo.



 A idea sería construir unha casa con varios pisos e colocar na parte superior un número (escolledes vós os que queirades) e despois facemos a descomposición como vedes nas imaxes, podedes usar números, fichas de dominó, cartas, paus... o que queirades e poidades aproveitar. 
Incluso podemos facer os amigos do 10 desmontando decenas (despois podedes volver montalas que seguro as imos usar máis adiante)

Si queredes podedes plasmar nunha ficha os resultados de todos os retos que fagades, pero isto é opcional, simplemente coa foto tamén me serve.
O máis importante desta actividade é o razoamento lóxico-matemático.
Por si queredes aproveitar a facer o resultado en ficha deixo un modelo. Engadide tantos pisos como vos faga falla.


En principio estas serían as actividades de traballo e para os que precisen un traballo extra tamén engadin actividades de inglés porque a teacher Ana nos envía un novo pdf con un montón de enlaces. Estas actividades de inglés son para que vós as aproveitedes cando queirades. Aquí vos deixo o enlace para que poidades acceder a elas.


https://drive.google.com/file/d/18tF28p4z-E6yD1eSfTfiviHjh_q1WbzH/view



No hay comentarios :

Publicar un comentario