Tal e como vedes no título da entrada esta semana é máis curta porque o venres é festivo, é coincide co cumple de Pedro (podemos ter o debuxo feito antes e así ese día descansamos)
Nesta ocasión vou poñer as tarefas semanais porque seguimos con tarefas que xa estaban postas e que non teñen un día concreto (nin temos que facelas todas), salvo o libro dos luns ou os cumples:
O libro dos luns
O reto da profe Noelia
Cumples de Matilde (luns 18), Pedro (venres 22)
Diario (se tedes algunha anécdota ou algo que contar, non é necesario escribir todos os días)
Listado de pelis e contos (no caso de que teñades algunha nova peli ou un novo conto que anotar)
Retos espaciais (ireinos colocando día a día para que contestedes por privado), nesta semana temos xa algunhas propostas vosas que quixestes facer.
Receita semanal
Videochamada da semana para festexar xuntos os cumples e na que a profe Tere nos preparará algo.
E se tes rematadas tarefas e queres algo extra podes practicar os teus
propios retos matemáticos, é unha opción extra para o que lle quede
tempo.
No hay comentarios :
Publicar un comentario