sábado, 10 de marzo de 2018

ESTA SEMANA ESTIVEMOS A TOPE


Esta semana Leyer e Rubén contaronnos cousas moi interesantes do corazón. Aprendimos que é un órgano que bombea a sangue polo corpo e así repartir o osíxeno e nutrintes polo mesmo.

Ían moi prepardos cun traballo estupendo que fixeron en casa, este panel no que podemos ver como é o corazón e as súas partes. Este cartel xa pasou a formar parte da nosa parede onde agardamos ir colgando máis aportacións vosas.


Animamos a todas as familias a participar e podedes vir a contarnos algo sobre o corpo, falade coa titora e buscamos data e hora. Á volta de vacacións xa temos previstas un montón de actividades (visita ao centro de saúde, visita dunha ambulancia ao cole e tamén todas as visitas de especialistas que imos ter na aula).

Moitas grazas a Leyer e a Rubén por amosarnos o seu traballo porque nos gustou moito e estivemos moi atentos.

Aproveito para contarvos que estamos facendo un recuncho na aula: A consulta médica, e precisamos envases baleiros de medicamentos propios dos nenos/as (xarabe, apiretal, dalsy...). Como digo os envases deben estar baleiros e limpos (no caso de envases de plástico ou similar), tamén podedes mandar xiringas, vendas, masacarillas..., ou calqueira cousa que esté relacionada co tema. Todos estes materiais non serán devoltos así que ollo co que mandades, xa sabedes que moitas das cousas co xogo se poden estragar e moi probablemente xa non vos sirvan. Coma sempre darvos as grazas por adiantado porque seguro que imos ter un montón de material para xogar. Tratarei de subir algunha foto cando estén xogando porque polo de agora aínda está un pouco triste o espazo.





Ademais nesta semana tamén celabramos o día da muller traballadora e falamos das mulleres importantes para nós, NORABOA as MAMÁS, AVOAS e MADRIÑAS que parece que son as que máis nos importan na nosa vida. Para conmemorar este día tan especial en prol da igualdade fixemos uns zapatos para decorar a entrada do cole onde podemos ver zapatos de muller con menxases e nomes de mulleres relevantes para a nosa vida.




No hay comentarios :

Publicar un comentario