viernes, 2 de febrero de 2018

DISFRAZ PARA O ENTROIDO

O venres levastedes as partes do disfraz que elaboramos na aula e agora toca colocarllas na roupa. Non vos preocupedes porque é moi sinxelo, non fai falla ser grandes costureiras/os.

A CAPA
Resultado de imagen 
Como vedes vai metida por dentro do cuello da camiseta, podedes cosela ou incluso pórlle uns imperdibles pola parte de dentro e non se van ver, eso sí, si podes impedibles mirade que non se vaian a abrir para evitar picadas innecesarias

O LOGO OU EMBLEMA

Podedes colocalo no peito tal e como se ve a imaxe, cosido, pegado, con impredibles pequeniños. Si pensades en pegalo OLLO CON PEGALO COA PLANCHA porque a goma eva non vai resistir o calor.

AS BOTAS

Na nota que vos enviamos para casa había un par de imaxes claras de como hai que colocarlle as gomas, pero si alguén ten algunha dúbida ao respecto que se pase por esta web que foi de onde sacamos a idea.

http://www.caljoanymas.com/2013/02/botas-para-disfraces.html

Ah, xa se me esquecía que nos queda o cinto. Seguramente o martes 6 as 15:30 será cando os montemos para axustarlle o tamaño para cada neno/a e facer o óvalo de goma eva que irá facendo de hebilla.

No hay comentarios :

Publicar un comentario