martes, 24 de marzo de 2020

TAREFA MÉRCORES 25


Hoxe quero facervos unha proposta de cara aos vindeiros días. Imos chamarlle a esta proposta "UN DÍA MENOS". 
O primeiro é ter un calendario onde imos tachar os días que van pasando e vemos con ilusión que queda un día menos de confinamento e para que a actividade sexa máis positiva imos crear tamén unha "ÁRBORE DE VIDA". Pero en qué consiste isto exactamente?
Din os expertos do virus que cada persoa contaxia a 2 ou 3 persoas máis pero se quedas na casa esas persoas conseguen salvarse. Entendes?, por iso é unha "Árbore de vida".
Para crear a túa propia árbore podes empregar cousiñas que teñas na casa: folios (incluso podes unilos creando un mural o póster), papel contínuo, cartolina, unha saba vella... bótalle imaxinación.
Moito ánimo na túa misión de salvar a tod@s @s que queres.
A medida que imos colocando xente sumamos os do día anterior ata que temos o número total de salvados.
Aquí debaixo che deixo un modelo de árbore que creei, se queres podes imprimila e completar os círculos verdes coa xente que salves. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario