Xogamos coas mates.
Imos traballar a suma de diferentes formas pero todas teñen algo en común: IMOS PLASMAR NUN PAPEL AS OPERACIÓNS. Ollo non temos que facer todo isto, collemos unha opción e facemos esa, si me apetece podo facer máis de unha pero non é obrigatorio. Estas actividades matemáticas son para reforzar a suma de forma divertida, non son un traballo para pasar o día enteiro (importante organizar un tempo de traballo que non exceda demasiado)
OPCIÓN 1: OS DADOS
Tiramos 2 dados e sumamos a cantidade. Se non teño 2 dados podo tirar 1 dúas veces e sumo as dúas cantidades. Podedes empregar a imaxe se tedes impresora ou simplemente ir anotando os números sumados e o resultado.

OPCIÓN 2: DOMINÓ
Collemos unha ficha do montón e sumamos as 2 cantidades. Podedes imprimir a imaxe e colocarlle os puntiños ás fichas, colocar os números e poñer o resultado ou podedes debuxar as fichas vós mesmos.

OPCIÓN 3: DIANA
Tiro a diana 2 bolas (podo xogar con alguén) e sumamos as cantidades. Se non tedes diana podedes imprimir esta e tuneala ao voso gusto. Se non tes impresora podes debuxala empregando algo redondo que teñas por casa e unha regra e tamén podes usar un compás. Ollo cando sumamos decenas con unidades que aínda nos custa bastante, lembrade que o 0 está no sitio das unidades. Se decidides facer a vosa propia diana gustaríame ver o resultado, mandade foto.
OPCIÓN 4: BARALLA DE CARTAS
Collemos 2 cartas da baralla (pode ser da española ou de outra baralla que teñades por casa) e sumámos os 2 números.


Ademais na páxina de Aulas Galegas temos algunhas ideas que nos van a axudar a traballar as mates dunha forma divertida.
Picando en Aulas Galegas podedes acceder a actividade onde se abrirá un pdf que vos deixo en imaxes aquí abaixo
No hay comentarios :
Publicar un comentario