Antes de comezar coa tarefa de hoxe debes tachar o día no calendario e completar a túa ÁRBORE DE VIDA con unha persoa que salvas por quedar un día máis na casa. Despois diso xa estás preparado para a tarefa de hoxe.
Imos facer como facemos na clase escritura espontánea, tedes que escribir sós e sin axuda de ninguén (non valen trampas que me vou decatar).
Si non tedes impresora para imprimir poden facer o debuxo eles e escribir debaixo as palabras.
Esta ficha mandadea por privado porque é para seguir eu o control da evolución na escrita e non quero que fagades comparacións porque o grado de evolución e madurativo e diferente en cada alumno/a. Por esta razón é moi importante que os deixedes completamente sós e nin sequera pronunciedes a palabra.
Se vos parece que poden facer máis traballo podemos seguir coas actividades de matemáticas, escollede outra opción (das que nos quedan da tarefa do martes) para seguir coa suma.
No hay comentarios :
Publicar un comentario