viernes, 2 de marzo de 2012

VETERINARIOS

O próximo martes día 6 faremos unha saída a unha clínica veterinaria para que nos expliquen un pouco como fan o seu traballo. Pero como temos unha mamá veterinaria na clase, non podíamos deixar de convidala para que nos conte algunhas cousas sobre os animais, os seus coidados e como desempeña ela o seu traballo.
A gran visita é hoxe e os nenos e nenas están impacientes porque veña a visitarnos. En canto teñamos fotos sobre as visitas colgaremos algunha para contavos a como sucedeu todo.
Aproveitamos tamén para darlle as grazas a Ana por vir e vivir a experiencia connosco

Grazas por estar ahí e ler o noso blogue e animádevos a deixar comentarios

No hay comentarios :

Publicar un comentario