FICHA DO PROXECTO
Escribimos os nomes das partes do traxe do astrounauta. LUVAS, CASCO, BOTAS e OXÍXENO
Repasamos por dentro as letras de ASTRONAUTA, decímos qué letras son, cantas son e palmeamos as sílabas que ten a palabra.
FICHA DE ESCRITURA E GRAFO
En este caso podemos facer 2 ou 3 fichas na semana. Repasamos seguindo a dirección e escribimos palabras por detrás como nas outras letras que fixemos.
FICHA MATEMÁTICAS
No material impreso tiñades unha ficha de casiñas para poñer o número que vai antes e o que vai despois. Coloreade as casas segundo se indica na ficha (pares ou impares). Na aula para traballar o de pares e impares contábamos en algo e en baixo de tal forma que cando decíamos un número impar o decíamos en alto e cando era par o decíamos baixiño, outra forma en que o traballamos era repartir ese número en 2 (con platos de xoguete e pinturas) si repartíamos igual e non sobraba era par e si sobrababa era impar.
Esta é unha suxerencia, pero si queredes facer máis podedes, si queredes esperar a que as fichas pasen a cuarentena tamén. Eu comparto para que saibades o que imos facer en cada ficha e que cada un se sinta libre de adaptar ao seu horario e cuestión persoal.
No hay comentarios :
Publicar un comentario