jueves, 14 de mayo de 2020

TAREFA VENRES 15

Por fin nos toca outra manualidade. Desta vez imos facer un cohete que voa, sí díxeno ben, que voa. 
 
 
Para iso precisamos:

Un cohete en papel
Unha palliña
Un pau de brocheta
Un pouco de celo ou pegamento
Unhas tesoiras
Pinturas

O primeiro que temos que facer é o cohete nun folio e decoralo coas pinturas.
Aquí tedes varios modelos que podedes copiar, imprimir, debuxar...


SI QUERES DEBUXALO TI MESMO AQUÍ TES UNS PASOS A SEGUIR

Recortao e pégalle con celo ou con pegamento o pau por detrás. Cómo vedes podedes decorar con cintas tamén (ollo non poñer algo pesado para que poida voar sen problemas)


Unha vez rematado introducimos o pau na palliña e sopramos polo outro extremo e o cohete sairá voando. 
Podedes xogar a medir cómo de lonxe sodes capaces de lanzalo co voso súper sopro. Agardo que vos gustase a actividade e que poidades xogar con ela o fin de semana.


No hay comentarios :

Publicar un comentario