martes, 31 de marzo de 2020

TAREFA DO MÉRCORES 1 AO VENRES 3

Como xa sabedes a estas alturas, é moi importante non saír da casa ou cando menos saír o menos posible, pero temos necesidades que cubrir e saír a mercar alimentos e produtos de hixiene é básico. Por iso vos propoño que axudedes en casa, colle lápis e papel e elabora a "lista da compra", intentamos pensar pero podemos pedir que nos pronuncien, se queres completar máis aínda esa lista podes empregar recortes de publicidade (se tes algún por casa). 
Pensa que tes que facer unha lista moi longa con todo o que se necesita e así contribuir a saír o menos posible. Anímaste a botar unha man?

Para completar aínda máis a actividade podes elaborar un menú semanal que nos axudará a organizarnos mellor e saber qué cousas temos que incluir no listado da compra semanal evitando saír máis do necesario.
Deixovos un dos menús que temos no cole que vos poden axudar a confeccionar o voso ademáis dunha ficha en branco



Como é un traballo que implica moita escritura podedes ir facendo pouco a pouco, podedes comezar o mércores e alongalo tanto como desexedes posto que polo medio temos as vacacións.

No hay comentarios :

Publicar un comentario