miércoles, 6 de diciembre de 2017

FESTIVAL DE NADAL

Como hai algunhas familias que me preguntan sobre o festival, aproveito que estamos de ponte para comunicarvos que, como moitos xa sabedes, o festival será o día 20 pola tarde e dará comezo as 15:45 h.
Para a actuación os nenos e nenas irán elegantes. No caso dos nenos un pantalón escuro (azul marino ou negro) con camisa ou camiseta branca e paxariña vermella, no caso das nenas levarán leotardos (preferiblemente brancos) con blusa ou camisa branca e un tutú vermello, de forma opcional poderán levar tamén un lazo vermello no cabelo.
Sei que hai familias que non dispoñen de internet ou que non len o blogue, por iso enviarei unha nota despois da ponte, pero para aqueles que dispoñan de tempo esta fin de semana e queiran aproveitar a ir de compras xa podedes mercar ou pedir prestado o que precisedes, eso sí, recoméndovos que rebusquedes no armario antes de mercar nada que seguro non fai falla compralo todo. No caso de non atopar paxariña vermella (que igual non é fácil podemos estudiar o facela na aula (coa vosa axuda) con goma eva brillante.
Calqueira dúbida que teñades preguntade que aquí estamos para resolvelas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario