viernes, 20 de mayo de 2016

CHOLO E NELA


Onte desfrutamos de outro maravilloso día de Convivencia de Educación infantil.
Grazas ao traballo colaborativo foi todo un éxito e os nenos e nenas parásarono en  grande.
Dende aquí queremos dar as grazas a todos e todas as que se implican nesta actividade e en especial a quen leva colaborando dende un montón de tempo atrás na elaboración dos murais e a todos os que sempre están ahí despois cando temos que recoller, dispostos sempre a botar unha man con vontade e decisión de axudar porque saben que traballan para os seus fillos/as.
Repito que esta actividade sen esa colaboración non sería posible 
Así de bonito e lucido quedou o traballo

OBRADOIROS

MURAL DE 5 ANOS
 
MURAL DE 4 ANOS
 
MURAL DE 3 ANOS
 
 XOGOS

Sei que falta un mural, o das burbullas, desculpade pero non atopo a foto. 
Pero  en breve subirei unha entrada nova cuns enlaces sobre a actividade e ahí podedes atopar un montón de fotos sobre as actividades que se fixeron no día. 
De novo moitas grazas e agardo que desfrutases connosco dun día tan especial





No hay comentarios :

Publicar un comentario