miércoles, 17 de abril de 2013

HOXE FALAMOS NA RADIO

Hoxe foi un día distinto visitamos a radio Cope en O Barco. Gustóunos moito a experiencia e como o programa foi gravado poidemos escoitarnos cando voltamos ao cole. Foi moi divertido poder escoitarnos a nós mesmos e non podíamos parar de rir cada vez que falaba un compañeiro/a a través dun medio que, con tanto internet, televisión, facebook..., temos un pouco esquecido.
EN CANTO TEÑAMOS O AUDIO DA ENTREVISTA COLGAREMOLO NO BLOGUE.
Estamos desexando volver e falar de máis cousas que aprendemos no cole.
Así vimos nós como era a radio por dentro
 
Pero iso non foi todo, ao chegar ao cole todos nos felicitaban polo ben que o fixemos e a profe preparounos unha sorpresa NUBES DE GOMINOLA CASEIRAS, ESTABAN DE RECHUPETE!!!!
Se vos interesa facelas na casa podedes ver un video tedes a RECEITA.
 

No hay comentarios :

Publicar un comentario