jueves, 29 de septiembre de 2011

A VENDIMA

Comezamos o curso cun proxecto próximo a nosa comarca: A VENDIMA.
A pesares de ser un tema que está próximo aos nenos e nenas non coñecen demasiadas cousas sobre o mesmo. Así descoñecemos:

- Os nomes dalgunhas variedades de uva.
- De onde nacen as uvas (cepa) e cales son as partes que a compoñen. Como curiosidade direivos que moitos dicían que as uvas nacían de árbores pequenas.
- Cómo é o proceso de elaboración do viño. Pensan que unha vez se "estrujan" as uvas xa sae o viño e descoñecen o proceso de fermentación.

Por estes e outros motivos é interesante falar con eles na casa sobre estes procesos, aínda que despois do venres e do luns, xa nos quedou máis claro que da uva primeiro sae o MOSTO, grazas a colaboración de Sergio e a súa familia e tamén de Antón e a súa que nos enviaron unha botella de elaboración propia.
Quero agradecerlle tanto a Elisa como a Vero o detalle de traernos o mosto para degustar e os vasos personalizados de cada un, tivo moito éxito.

No hay comentarios :

Publicar un comentario