viernes, 22 de octubre de 2010

PROXECTO O CORPO

Comeza un novo curso e toda unha experiencia para os nenos e nenas de 3 anos.
Para empezar faremos neste primeiro trimestre un proxecto moi especial:
O MEU CORPO
Este proxecto comeza coa chegada inesperada dun ser moi especial (esquelete do cole) que non recorda nada e pide a nosa axuda para saber quén é.
Os nenos/as enseguida se encariñaron con FLACUCHO, que así lle deron en chamar, e non lles falta motivación para averiguar e buscar cousas sobre o noso novo amigo.
Agardamos que ese entusiasmo se transmita ás familias e colaboremos xuntos nesta andaina educativa.

No hay comentarios :

Publicar un comentario