Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de diciembre de 2021

IMOS ESCOLLER PROXECTO

 Despois dun sondeo de temas na clase aquí tedes a enquisa de intereses para escoller o proxecto que imos levar a cabo durante o curso. Escollede a opción que máis vos guste, abriremos o formulario o martes 14 e pecharémolo o luns 20 de Decembro.

lunes, 6 de septiembre de 2021

BENVIDOS AO CONDESA E A UN NOVO CURSO ESCOLAR


Hoxe tivemos unha reunión e sabemos era moita información xunta polo que aquí vos deixo un resumo para os primeiros días.

Horario do período de adaptación: xa levastes o papeliño e xa sabedes como funcionan os turnos.

 

Primeiros días

Vimos a diario co mandilón posto (de cadros vermellos co nome e letra do grupo na parte dianteira). 

Babi Colegio Big Star Rojo Personalizable

Empregamos máscara para acudir ao cole, podemos poñer unha cordiña para cando teñamos que comer no comedor ou a merenda, tamén podo traer algo para gardala como un estoxo ou similar.

 Cordón porta mascarilla suave - norababybagsEstuche Porta Mascarillas Verde



Traemos unha mochila (que non sexa ríxida nin con rodas, pode ser de tea, para que nos entre sin problema nas perchas). A mochila debe de levar nome e no caso de ser de cordón como a da imaxe mirade de axustarlle as cordas para que non lle quede moi abaixo.

Mochila - Bolsa De Merienda - Bolsa Muda De Ropa – Elefantes Comprar mochila infantil colección León.

Na mochila meteremos unha botella de auga co nome e unha gorra tamén co nome.

45 Mejor botellas agua ninos en 2021: según los expertosBotella de Agua 0,5L. - Pizza Nando Sevilla Pizzería Trattoría Burguer y  pasta a Domicilio SevillaGorra Niño Modiak - Imagen 1 

 

Unha máscara de reposto nun pequeno estoxo co nome tamén.

 Estuche para Mascarilla 

Outra cousa que temos que ter na aula é unha muda completa (é algo voluntario) co nome en todas as prendas. Podemos traela nunha bolsa co nome visible e tela na clase para emerxencias. Desta forma si precisamos chamarvos podedes acudir ao centro sen ter que pasar pola casa a coller a roupa.

 


 

Os primeiros días non imos necesitar merenda, pero sí que imos precisar máis adiante, polo que tamén meteremos na mochila (cando vos avisemos) un tupper (co nome posto, mirade que pechen ben para evitar sustos) coa merenda que nos toque traer  (mandaremos calendario de merendas).

TUTETE tupper almuerzo mini para niños Sugary – Suit Beibi

Material a mercar:

Mandaremos listado de material de uso individual e acordamos crear unha cooperativa de Pais/nais para mercar os cartuchos de tinta para a impresora de aula e as caixas e tuppers que imos empregar de xeito individual. Acordouse que a cooperativa estará xestionada por una das nais da aula e que as facturas dos gastos se comparatirán a través dun grupo de aula creado en telegram.

 

Os libros case mellor que os vaides tendo na casa e os traiades ao cole, nunha bolsa pechada co nome do neno/a visible, unha vez estemos algo máis tranquilos. 


No lateral dereito do blogue podedes atopar os enlaces das plataformas de comunicación que imos empregar:

Abalar móbil

Telegram

Facebook

Ademáis tratarei de subir unha entrada explicando un pouco cómo funciona a plataforma de videoconferencias para as titorías.

Tal e como vos indicaba na reunión, Abalar e a plataforma Falemos, son plataformas corporativas da Xunta pero Telegram e facebook non o son polo que as empregaremos para cousas máis puntuais nas que se requiren de mensaxes máis inmediatas.

Se tedes calqueira dúbida aquí estamos para resolvela. Moito ánimo e grazas por confiar en nós para a educación dos vosos fillas e fillos.



martes, 8 de mayo de 2018

VISITA NAS AULAS DE 3 ANOS

Hoxe Paula de 3 anos B e a súa mamá falaronnos da dixestión e estivemos moi atentos. Animamos a todos os papás e mamás a que velan e nos conten algo sobre o corpo. 
 E aproveitamos para darlle as grazas e a noraboa polo traballo realizado.

viernes, 13 de abril de 2018

VISITAMOS O CENTRO DE SAÚDE

 
Cando chegamos dividíronnos en 2 grupos. De momento só temos fotos de un dos grupos, pero tranquilos que do outro grupo tamén imos ter fotos.

Pablo, o fisioterapeuta contounos que alí estaban a consulta e sala de rehabilitación
Na consulta tiña unha columna vertebral e unha pelvis, que foi o primeiro que nos fixamos
Pedro prestouse voluntario para que lle examinansen o cráneo porque dixo que era o que lle doía, tranquilos que foi un simulacro
A outro voluntario, Lucas, colocarónlle unha máquina que dá calor
E a varios voluntarios máis tocoulle ver como eran os parches da máquina de correntes, menos mal que non estaba acesa
Colocamos as mans para sentir a cor da lámpada de infrarroxos, pero tivemos coidado de non acercar demasiado porque estaba quente de verdade
Aquí, como no cole, trabállase a motricidade
Fixemos un percorrido para poñer en marcha as pernas
Agora era o turno dos ombreiros e Naiara fixoo perfecto
Non podemos esquecer os cuadriceps, que segundo Pablo estaban por riba do fémur
A profe tamén foi voluntaria forzosa, tivo que meter a man na parafina, estaba quente pero ao arrefriar quitámoslla toda e xogamos como se fose plasti.
Rematamos a visita con Olga que nos explicou como coidar ós dentes e que nesta semana veu ao cole e nos amosou uns vídeos moi interesantes.

miércoles, 11 de abril de 2018

O PROXECTO DO CORPO ESTÁ DANDO MOITO DE SÍ

Precisábamos moito material e as familias aportastes moitas cousas que nos axudan día a día a saber moito sobre o tema. Temos libros, puzzles e incluso material médico.

Montamos un recuncho médico onde pasamos consulta e disfrutamos moito.


Temos que pedir cita e colocar o noso nome na lista de pacientes para que nos poidan atender como se fai nas consultas de verdade.


Somos moi profesionais es estamos equipados grazas a vosa colaboración porque a medida que íamos traendo cousas íamos amosando todo


Somos moi inquedos e gústanos moito aprender e por iso vixiamos a nosa profe para que non se poña nerviosa e lle suba demasiado o pulso.


Somos tan auténticos, que ata sacamos nós as fotos cando fai falla.
Estade atentos porque seguiremos informando.

viernes, 22 de diciembre de 2017

ACTUACION NO FESTIVAL

Xa temos aquí a nosa actuación. Debido a un problemiña técnico non podemos contar coa gravación do colexio pero unha das familias pasoume o seu vídeo, moitas grazas pola vosa axuda.
Agardo que disfrutedes do vídeo, especialmente os que non puidestes asistir. Aproveito tamén para agradecer a vosa colaboración no vestido e lembrarvos que este vídeo é para uso exclusivo do blogue polo que non se debe empregar noutros ámbitos de internet.
Felices festas a todos!!!

viernes, 10 de noviembre de 2017

Magosto

TEMOS QUE PREPARAR AS CESTAS PARA METER AS CASTAÑAS
DESPOIS DE GRAMPALAS ESTÁN LISTAS PARA PINTAR
ESTAMOS MOI CONCENTRADOS
VAN QUEDAR XENIAL
AQUÍ ESTÁ O RESULTADO, LISTAS PARA USAR

Por fin imos comer as castañas, imos aló

MIRAMOS COMO SE ASAN
UMMM QUÉ RICAS ESTÁN!!!
ESTÁN MOI RICAS E NON PARAMOS DE COMER
GÚSTANNOS MOITO!
O MAGOSTO PARECEUNOS XENIAL!!!!