lunes, 6 de septiembre de 2021

BENVIDOS AO CONDESA E A UN NOVO CURSO ESCOLAR


Hoxe tivemos unha reunión e sabemos era moita información xunta polo que aquí vos deixo un resumo para os primeiros días.

Horario do período de adaptación: xa levastes o papeliño e xa sabedes como funcionan os turnos.

 

Primeiros días

Vimos a diario co mandilón posto (de cadros vermellos co nome e letra do grupo na parte dianteira). 

Babi Colegio Big Star Rojo Personalizable

Empregamos máscara para acudir ao cole, podemos poñer unha cordiña para cando teñamos que comer no comedor ou a merenda, tamén podo traer algo para gardala como un estoxo ou similar.

 Cordón porta mascarilla suave - norababybagsEstuche Porta Mascarillas Verde



Traemos unha mochila (que non sexa ríxida nin con rodas, pode ser de tea, para que nos entre sin problema nas perchas). A mochila debe de levar nome e no caso de ser de cordón como a da imaxe mirade de axustarlle as cordas para que non lle quede moi abaixo.

Mochila - Bolsa De Merienda - Bolsa Muda De Ropa – Elefantes Comprar mochila infantil colección León.

Na mochila meteremos unha botella de auga co nome e unha gorra tamén co nome.

45 Mejor botellas agua ninos en 2021: según los expertosBotella de Agua 0,5L. - Pizza Nando Sevilla Pizzería Trattoría Burguer y  pasta a Domicilio SevillaGorra Niño Modiak - Imagen 1 

 

Unha máscara de reposto nun pequeno estoxo co nome tamén.

 Estuche para Mascarilla 

Outra cousa que temos que ter na aula é unha muda completa (é algo voluntario) co nome en todas as prendas. Podemos traela nunha bolsa co nome visible e tela na clase para emerxencias. Desta forma si precisamos chamarvos podedes acudir ao centro sen ter que pasar pola casa a coller a roupa.

 


 

Os primeiros días non imos necesitar merenda, pero sí que imos precisar máis adiante, polo que tamén meteremos na mochila (cando vos avisemos) un tupper (co nome posto, mirade que pechen ben para evitar sustos) coa merenda que nos toque traer  (mandaremos calendario de merendas).

TUTETE tupper almuerzo mini para niños Sugary – Suit Beibi

Material a mercar:

Mandaremos listado de material de uso individual e acordamos crear unha cooperativa de Pais/nais para mercar os cartuchos de tinta para a impresora de aula e as caixas e tuppers que imos empregar de xeito individual. Acordouse que a cooperativa estará xestionada por una das nais da aula e que as facturas dos gastos se comparatirán a través dun grupo de aula creado en telegram.

 

Os libros case mellor que os vaides tendo na casa e os traiades ao cole, nunha bolsa pechada co nome do neno/a visible, unha vez estemos algo máis tranquilos. 


No lateral dereito do blogue podedes atopar os enlaces das plataformas de comunicación que imos empregar:

Abalar móbil

Telegram

Facebook

Ademáis tratarei de subir unha entrada explicando un pouco cómo funciona a plataforma de videoconferencias para as titorías.

Tal e como vos indicaba na reunión, Abalar e a plataforma Falemos, son plataformas corporativas da Xunta pero Telegram e facebook non o son polo que as empregaremos para cousas máis puntuais nas que se requiren de mensaxes máis inmediatas.

Se tedes calqueira dúbida aquí estamos para resolvela. Moito ánimo e grazas por confiar en nós para a educación dos vosos fillas e fillos.



No hay comentarios :

Publicar un comentario