jueves, 19 de marzo de 2020

TAREFA VENRES 20

De momento moitas das tarefas implicaban escribir ou debuxar, é hora de traballar a expresión oral. 
A idea é que gravedes un audio ou incluso un vídeo (mellor esta opción se vos atrevedes) contando como vos sentides, igual que facemos na asamblea coa roda das emocións. 
No caso de que teñades demasiada vergoña podedes mandarmo nun debuxo con un texto que exprese os vosos sentimentos.
Esta actividade vai ter como recompensa que eu publique no grupo unha contestación no mesmo formato que vos fagades, con isto quero dicir que si gravades audio eu tamén, si mandades vídeo eu tamén e si o escribides eu tamén.
Pero unha cousiña, tedes que pensar o que queredes dicir e contar como vos sentides sen axuda dos adultos eles o único que poden facer é subir a vosa resposta. 
Tamén vos invito a animar aos vosos compis e saudalos no audio ou no vídeo.
Veña que vai ser moi divertido.

No hay comentarios :

Publicar un comentario