martes, 17 de marzo de 2020

TAREFA PARA O MÉRCORES 18

É difícil estar na casa e non poder saír. Temos ganas de ir ao parque, saír en bici, montar en patinete, ver aos amig@s, voltar ao cole pero o CORONAVIRUS non nos deixa saír.
Imos esquecer todo o malo e imos pensar en positivo e imos anotar un listado de cousas ou ventaxas que temos por estar na casa. Se é moi difícil escribir tamén podedes debuxalas.
Eu por exemplo:

Estou aprendendo cousas novas empregando o facebook para comunicarme con vós como poden ser os audios.

Estou aproveitando o tempo que antes non tiña en facer tarefas atrasadas

Falo máis con amigos que teño lonxe a través de wasap porque agora tod@s estamos na casa e dispoñemos de máis tempo.

Valoro moito máis o estar san.

Respeto máis aínda aos sanitarios, traballadores do súper, camioneiros... que están traballando moi arreo

Comparto moit@s cousas con outr@s compañeir@s mestres e levamos a cabo inciativas para que vós teñades propostas para facer na casa.

E máis cousas que poñería no listado pero non quero aburrirvos coas miñas.

Anímovos a que digades cales son as vosas con debuxos, escribíndo... facedeo como máis vos guste pero quero ver moitas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario