Cando se achega o Samaín gústanos facer cousas relacionadas con esta festa. Sabedes cal é a súa procedencia? Se non a coñecedes mirade este vídeo.
viernes, 6 de octubre de 2023
OUTUBRO: MES DO SAMAÍN
miércoles, 18 de enero de 2023
lunes, 21 de noviembre de 2022
PROXECTO ANIMAIS: AS ARAÑAS
Comezamos o proxecto dos animais e hoxe tocou falar das arañas, descubrimos cousas moi interesantes
martes, 6 de septiembre de 2022
COMEZO DO CURSO ESCOLAR 22-23
Xa estamos aquí de novo un ano máis coas pilas cargadas e un montón de ganas de facer cousas chulas e divertidas.
Como sempre quería dar unhas orientacións para estos primeiros días.
Traemos o novo mandilón de cadros azuis co nome e a letra do curso na parte de adiante.
Unha bolsa co nome con unha muda completa para ter na aula para emerxencias. Todas as prendas deberán ter nome e o mesmo para a roupa que traen posta e así evitar perdas.
Unha mochila pequena sen rodas, a poder ser de tea flexible para que se adapte a todo o que metamos dentro e co nome. Serve perfectamente a do curso pasado.
E na mochila traeremos unha pequena botella de auga co nome, unha gorra (por si fai sol) un tupper coa merenda (estos día podedes traer froita, bocata pequeno ou galletas, e para a vindeira semana comezaremos co calendario de merendas).
E como novidade este ano imos traer tamén unha carpetiña de plástico tamaño A5 (medio folio) transparente para levar e traer notas ao cole. Tamén co nome.
Benvid@s
lunes, 6 de junio de 2022
PROXECTO PARA O VINDEIRO CURSO
Tal e como fixemos neste curso queremos facer unha enquisa para recoller os gustos e intereses dos nenos/as para facer un proxecto motivante para o vindeiro curso escolar. Escollede a opción que máis vos guste cubrindo o nome do neno/a e o curso ao que pertencen. Moitas grazas.
jueves, 24 de febrero de 2022
FOMENTANDO A MOTRICIDADE FINA NA CASA
Unha das cousas máis importantes que temos que desenvolver na educación infantil ademais da autonomía é a motricidade fina. É moi probable que moitas das cousas que fagamos a diario xa a están desenvolvendo sen decatarnos. Aquí vos deixo unha serie de ideas que nos poden axudar e que podemos facer:
DESENVOLVEMENTO A TRAVÉS DE ACTIVIDADES E RUTINAS COTIÁS
Emprego de cremalleiras e botóns que nos axudan a desenvolver a destreza óculo-manual.
Tanto no caso das cremalleiras como botóns poden ser da propia prenda de roupa como doutros elementos do fogar como as fundas dun coxín por exemplo. Poden colaborar nas tarefas e mandarlles quitar as fundas cando as imos botar a lavar, ou incluso pechar as cremalleiras da roupa para meter na lavadora. Tamén podemos quitar cordóns cando imos meter calzado, e así con todo o que se vos poida ocurrir.
Outra cousa que lles encanta é xogar coas pinzas da roupa e poden axudar a tendela (si tedes a opción dun tendal a súa altura o xogar incluso cunha corda e cos calcetíns a emparellar.
En internet tamén atopamos un montón de ideas para xogar coas pinzas e por aquí vos deixo algunhas delas
viernes, 10 de diciembre de 2021
IMOS ESCOLLER PROXECTO
Despois dun sondeo de temas na clase aquí tedes a enquisa de intereses para escoller o proxecto que imos levar a cabo durante o curso. Escollede a opción que máis vos guste, abriremos o formulario o martes 14 e pecharémolo o luns 20 de Decembro.