Unha das cousas máis importantes que temos que desenvolver na educación infantil ademais da autonomía é a motricidade fina. É moi probable que moitas das cousas que fagamos a diario xa a están desenvolvendo sen decatarnos. Aquí vos deixo unha serie de ideas que nos poden axudar e que podemos facer:
DESENVOLVEMENTO A TRAVÉS DE ACTIVIDADES E RUTINAS COTIÁS
Emprego de cremalleiras e botóns que nos axudan a desenvolver a destreza óculo-manual.
Tanto no caso das cremalleiras como botóns poden ser da propia prenda de roupa como doutros elementos do fogar como as fundas dun coxín por exemplo. Poden colaborar nas tarefas e mandarlles quitar as fundas cando as imos botar a lavar, ou incluso pechar as cremalleiras da roupa para meter na lavadora. Tamén podemos quitar cordóns cando imos meter calzado, e así con todo o que se vos poida ocurrir.
Outra cousa que lles encanta é xogar coas pinzas da roupa e poden axudar a tendela (si tedes a opción dun tendal a súa altura o xogar incluso cunha corda e cos calcetíns a emparellar.
En internet tamén atopamos un montón de ideas para xogar coas pinzas e por aquí vos deixo algunhas delas
No hay comentarios :
Publicar un comentario