lunes, 4 de octubre de 2021

TITORÍAS, COMO FUNCIONAN

Imos facer as reunións a través dunha plataforma da Xunta chamada Falemos, tal e comentamos a inicios do curso. As titorías tamén se realizarán en dita plataforma.


Para acceder á reunión ou titoría recibiredes un enlace, simplemente facedes clic e xa nos levaría directamente á sala de reunión. Se empregades un dispositivo móbil non tedes que descargar a app simplemente podedes acceder coa opción web.

No caso de titorías pode que ao facer clic no enlace vos deixe en espera si estou falando con outra familia, tranquilos, agardade un pouco que enseguida vos dou acceso. 

Para empregar esta plataforma mellor co navegador chrome, xa que é unha recomención que fan os responsables do propio sofware.

Pode ocurrir que teñades algún problema e non vos funcione, pois nese caso mandade un telegram avisando porque trataremos de solucionalo.

Espero que vos axuden estos conselliños

No hay comentarios :

Publicar un comentario