lunes, 30 de noviembre de 2020

REUNIÓNS COA PLATAFORMA FALEMOS

 

Tal e como falamos na reunión de inicio de curso imos empregar unha plataforma de sofware libre. Como estábamos acostumados a empregar cisco e isto é novo aquí vos deixo unhas anotacións para facilitarvos o seu emprego.

 

Primeiramente comentarvos que para acceder á reunión ou titoría recibiredes un mail con un enlace, simplemente facedes clic e xa nos levaría directamente á sala de reunión. Se empregades un dispositivo móbil non tedes que descargar a app simplemente podedes acceder coa opción web.

No caso de titorías pode que ao facer clic no enlace vos deixe en espera si estou falando con outra familia, tranquilos, agardade un pouco que enseguida vos dou acceso. 

Para empregar esta plataforma mellor co navegador chrome, xa que é unha recomención que fan os responsables do propio sofware.

Pode ocurrir que teñades algún problema e non vos funcione, pois nese caso mandade un telegram ou mail avisando porque trataremos de solucionalo.

Aproveito para decir que moitos de vós xa tedes telegram e a comunicación funciona moi ben, como vos teño dito nalgunha ocasión, é máis segura e fiable que whatsapp e permite a privacidade de ambas partes. 

Para os que tedes a aplicación e queredes poñervos en contacto comigo tedes un enlace neste blogue (na barra lateral dereita, para poder vela temos que facelo nun ordenador ou ben ver versión web na parte de abaixo das entradas cando o fago co móbil). No caso de que non consigades ver o enlace mandade un mail e mándovolo sen problema.

Espero que vos axuden estos conselliños


 


No hay comentarios :

Publicar un comentario