Aquí vos deixo un enlace ao documento das normas do que falamos na reunión.
Ademáis @s nen@s traerán na mochila:
Botella de auga pequena co nome posto (no caso de que fose necesario rellenaremos coa auga que traía o encargado/a para non usar as billas nin a fonte)
Tupper ou bolsiña coa merenda. (Debe de estar identificado con nome). O venres a merenda é libre para a vindeira semana comezaremos co calendario de merendas.
Unha bolsiña/ estoxo con unha mascarilla de reposto.
Unha bolsiña/estoxo para gardar a mascarilla que traemos posta pola mañá. As MÁSCARILLAS E AS BOLSAS/ESTOXO TEÑEN QUE ESTAR IDENTIFICADAS CO NOME. A mascarilla pode ser de calqueira tipo a excepción das que levan válvula exhalatoria. Lembrade que podedes utilizar de tea ou de plástico, en ambos casos temos que desinfectar.
Unha gorra co nome (esto esqueceuseme decilo na reunión).
O primeiro día mandaremos un estoxo ou neceser pequeno ou similar para gardar o material de escritura que nos vai dar a mestra na aula, NON FAI FALLA QUE O MERQUEDES USADE ALGÚN QUE TEÑAMOS POR CASA. Lembrade meter as tesoiras que temos na casa identificar co nome ambas cousas.
Todos os días traeremos o mandilón (podedes lavalo a diario se vos parece oportuno, é unha decisión de cada familia pero é unha boa forma de combatir o virus). Coma sempre o mandilón ten que ter o nome do neno/a e tamén a letra do grupo ao que pertence (No noso caso A)
No hay comentarios :
Publicar un comentario