viernes, 5 de junio de 2020

TAREFAS DE MATEMÁTICAS

Estas son as fichas do método abn que nos quedaban por facer. Deixo as  fichas coas explicacións que veñen no método e algunhas ideas para traballar e afondar un pouco máis nos contidos que se pretenden traballar con elas.

FICHAS DE DOBRE OU METADE

Ata o número 5 podemos xogar coas mans. Colocamos un número de dedos nunha delas e preguntamos cántos hai, preguntamos cal sería o dobre e decimos que coloquen outros tantos na outra man e conten o total.

Tamén se poden empregar as fichas dobre do dominó (neste caso podemos traballar así ata o dobre do 6). Tapamos coa man a metade da ficha e preguntamos cal sería o dobre, ao descubrir o outro lado da ficha vemos cantos hai en total.
Outro recurso é empregar as cartas da baralla e coller unha carta e buscar outra co mesmo número de outro pau, coma sempre xuntamos e contamos o total.

No caso da metade podemos xogar a distribuir cousas en 2 montóns: por exemplo pezas de construcción en 2 torres de igual altura, anacos de froita, gominolas... en dous pratos e como as de un para ver cal é a metade

Para que resulte atractivo para eles podemos xogar a adiviñar o dobre e a metade do número que nós lle propoñemos. Cando teñamos practicado un pouco isto xa estamos listos para facer as fichas sen problema.



FICHAS DE SUMAR

Podemos sumar contando pinturas, con fabas, moedas, xoguetes... Neste caso debemos introducir 3 sumandos polo que tedes que facer 3 montóns para despois xuntar e sumar.Tamén podemos practicar o cálculo mental de sumandos máis baixos. A cuestión é que comprendan ben a suma e cómo teñen que facela.
Ë moi importante traballar isto, porque ás veces tenden a contar os debuxos da ficha sen pensar en que realmente están sumando, e por iso é interesante practicar de forma manipulativa e mental esta operación matemática.


Na seguinte ficha a suma é mediante símbolos. O círculo representa a decena e as líñas representan as unidades. Podemos coller as decenas e unidades que temos de paus ou palliñas que xa estivemos empregando e representar os números e sumalos primeiro de forma manipulativa e despois trasladalo ao papel.


FICHAS DA SUMA DE IGUALACIÓN

Para traballar a igualación que nos pide nas fichas o ideal é plantexar o problema como un reto real. Así pois podemos empregrar moedas de verdade e plantexar o problema de forma real do mesmo xeito que se representa na ficha.

FICHAS DE RESTA 

Nas seguintes podedes empregar bloques de construcción (no caso da nº 33) e froita ou chuches na nº 34, as chuches xa vos digo que os van a motivar moito.
Plantexamos o reto exactamente igual que na ficha e teñen que resolvelo manipulativamente para transcribilo despois ao papel.



ORDE NO ESPACIO. ORDE BIDIMENSIONAL SIMPLE 

Aquí simplemente vos deixo un consello: recortade as pegatinas para que as coloquen primeiro sen pegar para comprobar que están correctamente no sitio, se colocan algunha mal pedirlle que se fixe mellor, a esta idade non perciben a orientación espacial como un adulto polo que é fácil que poidan equivocarse.
Se tedes na casa figuras de madeira con formas podedes xogar a colocalas nunha orde determinada, a facer series, etc.
Tamén podedes tratar de dar instruccións orais indicando: arriba a dereita, abaixo á esquerda, arriba medio, centro...


 
 

No hay comentarios :

Publicar un comentario