Deixo aquí os resultados do obradoiro de cociña. Non son moitas as persoas que cubristes a enquisa, supoño que sodes os/as que estades interesadas/os.
Polo tanto o obradoiro será un MARTES pola tarde (15:30 a 16:45).
En función do que cubristedes e falamos na reunión penso que podemos facer filloas e gofres. Mandarei aviso para reunirnos un día á saída do cole para concretar finalmente o que imos facer e cómo organizarnos, será un momentiño de nada. Se non cubristedes a enquisa e tedes as tardes dos martes dispoñíbles estades a tempo de participar asistindo a reunión de preparación previa do obradoiro ou mandando aviso de que queredes asistir.
No hay comentarios :
Publicar un comentario