Para comunicarnos durante o tempo que dure a cuarentena imos empregar a plataforma abalar da consellería (atentos aos avisos que vos poden chegar).
Ademais temos unha nova páxina de facebook que se creou para poder compartir convosco actividades e tamén comunicarnos a través do messenger da rede social e así non saturar o móbil do colexio. Para acceder a esta páxina por primeira vez picade na imaxe da icona da rede social que se atopa na dereita do blogue. Se tedes conta de facebook dádelle ao me gusta para estar ao tanto das novidades e seguidea para que vos cheguen as notificacións.
Tratarei de subir os contidos no blogue e tratarei de crear audios ou vídeos (aínda non o teño claro) para que os nenos/as sexan o máis autónomos posible.
Se non tedes acceso diario a internet ou non dispoñedes de ordenador mandareivos un audio (a través de wasap) para que llo poñades aos vosos fillos/as indicándolle a tarefa que teñen que facer.
No hay comentarios :
Publicar un comentario